In Noticias Socios

A Deputación de Pontevedra participa na redacción dunha nova “Guía de firmes” para as estradas dependentes das administracións locais que servirá de referencia para preto de 200 administracións, colexios profesionais, construtoras, concesionarias e entidades vencelladas coa seguranza viaria. O deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, acompañado do director do departamento provincial Daniel Romay, asistiu á reunión do Foro de Xestores de Estradas da Asociación Española de la Carretera (AEC) na que se realizaron aportacións técnicas, ademais de por parte da institución provincial, polos gobernos de Badaxoz, Barcelona, Cáceres, Girona, Huelva, Huesca, Lanzarote, León, Lleida, Tenerife, Toledo, Valencia, Valladolid e Zaragoza.

Segundo os datos do Ministerio de Fomento, as redes españolas de estradas abranguen 165.483 quilómetros, das que 67.797 son dependentes das deputacións, dos cabidos canarios e dos consells baleares, o que supón un 41 % da lonxitude total das estradas dentro do territorio do Estado español, sendo 1.700 quilómetros correspondentes á Deputación de Pontevedra. Como característica xeral, estas estradas soportan intensidades de tráfico reducidas, sen embargo desenvolven un papel esencial no ordenamento do territorio, sobre todo no referido á accesibilidade dos núcleos de poboación máis pequenos e á conectividade entre estradas de nivel superior.

Segundo explica o deputado Uxío Benítez, é por esta importancia das estradas provinciais que a Mesa de Estradas de Deputacións constituída no seo da AEC apostou por desenvolver uns criterios conxuntos de actuación e recollelos na “Guía de firmes”. Este traballo pretende abordar as dificultades que atopan as entidades locais no referido á conservación e mantemento, xa que non existe normativa específica, formúlanse moitos problemas de xestión, hai unha grande diversidade de estradas (tanto en características como de tráfico soportado) e pouco orzamento para os traballos de sostemento.

O documento, pois, pretende servir de marco para establecer criterios de actuación, labores preventivas, períodos de proxectos, e tipoloxías técnicas para actuar. Neste sentido, na guía téñense en conta como criterios fundamentais a necesidade de potenciar a seguranza viaria, a redución de emisións de GEI e a preservación do patrimonio viario, sempre valorando a clase de estrada, a tipoloxía de firme existente e o seu grado de deterioro, a tramificación e a priorización de actuacións.

Segundo manifestou o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, no caso do departamento que dirixe os problemas para actuar no mantemento da rede provincial pontevedresa quedarán paliados desde este ano ao dispoñer dun novo ‘Plan de xestión de firmes’ propio –executado a través dun contrato marco– que coordina e controla as actividades de conservación, optimiza os recursos e maximiza os beneficios para a cidadanía. Deste xeito, dixo o nacionalista, a “Guía de Firmes” da AEC servirá de complemento para mellorar aínda máis o labor técnico.

Hai que lembrar que o contrato marco da Deputación de Pontevedra permitirá realizar actuacións puntuais nas estradas provinciais (corrixir fochancas, pavimentos esvaradíos, fendas, afundimentos ou peraltes defectuosos, entre outras) de xeito eficiente, planificado, áxil e con garantías administrativas. O gasto máximo está establecido en 4,4 millóns anuais e divídese en cinco zonas de actuación na provincia.

Estado de situación xeral

Ademais de traballar no borrador da Guía de Firmes, o deputado Benítez tamén se comprometeu a facilitar os datos necesarios para facer un estudo do ‘estado de situación’ das estradas provinciais, poñendo en común con outras administracións a documentación relativa a Pontevedra. Deste xeito a AEC obterá unha visión xeral, comparada e contrastada tanto dos recursos económicos e materiais, así como do estado de mantemento das vías provinciais de cada localidade do estado.

Fuente de la noticia: https://www.depo.gal/web/edepo/-/noticia-a-deputacion-participa-na-redaccion-da-guia-de-firmes-da-asociacion-espanola-de-la-carretera

Recent Posts

Dejar un comentario

Contact Us

We're not around right now. But you can send us an email and we'll get back to you, asap.

Not readable? Change text. captcha txt

Start typing and press Enter to search

X